Dicionario
É posible traducir palabras dun idioma a outro. É posible que
non se admitan todos os idiomas.
Procura dunha palabra para traducir
1 Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Oficina
>
Dicionario
.
2 Insira o texto no campo de busca. Ao introducir o texto,
amósanse suxestións das palabras a traducir.
3 Seleccione a palabra na lista.
Seleccione
Opcións
e escolla entre as seguintes:
Escoitar — Escoite a palabra seleccionada.
Historial — Atope palabras traducidas anteriormente á
sesión actual.
Idiomas — Cambie o idioma de orixe ou de destino,
descargue idiomas de Internet ou elimine un idioma do
dicionario. O idioma inglés non se pode eliminar do
dicionario. Xunto co inglés, pode ter instalados dous idiomas
máis.
Discurso — Edite os axustes da función de voz. Pode axustar
a velocidade e o volume da voz.