A transmisión por secuencias de contidos mediante conexión
polo aire é un servizo de rede. Seleccione
Ligazóns fluxo
e
unha ligazón. Tamén é posible recibir unha ligazón de
transmisión por secuencias nunha mensaxe de texto ou
nunha mensaxe multimedia ou abrir unha ligazón dunha
páxina web.
Antes de que o contido en directo comece a transmitirse por
secuencias, o dispositivo conéctase ao sitio e comeza a cargar
o contido. O contido non se garda no dispositivo.
En RealPlayer, só se poden abrir ligazóns RTSP. Non obstante,
RealPlayer tamén pode reproducir un ficheiro RAM se abre
unha ligazón HTTP a este nun explorador.