
Axustes de chamada
Mediante os axustes de chamada, é posible definir axustes de
chamada específicos no seu dispositivo.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Chamando
>
Chamada
.
Seleccione entre as seguintes opcións:
Enviar a miña identidade — Seleccione
Si
para amosar o
seu número de teléfono á persoa á que está a chamar. Para
empregar o axuste acordado co fornecedor de servizos,
seleccione
Fixar pola rede
(servizo de rede).
Enviar ID cham. Internet — Seleccione
Si
para amosar o seu
ID de chamada da Internet á persoa á que está a chamar.
Chamada en espera — Permite axustar o teléfono para
notificarlle as chamadas entrantes mentres se atopa noutra
chamada (servizo de rede) ou comprobar se esta función está
activada.
Cham. Internet en espera — Permite axustar o dispositivo
para que lle avise dunha chamada da internet entrante nova
mentres está ocupado noutra chamada.
Aviso chamada Internet — Para configurar o teléfono de
xeito que lle avise cando se producen chamadas da Internet
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
121

entrantes, seleccione
Activado
. Se selecciona
Desactivado
,
só recibirá un aviso de se producir unha chamada perdida.
Rexeitar chamada mens. — Permite enviar unha mensaxe
de texto cando se rexeite unha chamada na que se informará
ao emisor da chamada de por que non se puido responder a
esta.
Texto da mensaxe — Permite escribir a mensaxe de texto
estándar que se enviará ao rexeitar unha chamada.
Vídeo propio á cham. ent. — Para permitir ou rexeitar o
envío de vídeo durante unha videochamada feita dende o seu
dispositivo.
Imaxe en videochamada — Se non se envía o vídeo durante
unha videochamada, seleccione a imaxe que desexa que se
amose no seu lugar.
Rechamada automática — Permite configurar o
dispositivo para que realice un máximo de 10 intentos para
conectar a chamada despois dun intento de chamada sen
éxito. Para deter a rechamada automática, prema a tecla Fin.
Amosar duración cham. — Permite amosar a duración
dunha chamada durante a mesma.
Resumo tras chamada — Permite amosar a duración dunha
chamada despois de que finalice.
Marcación rápida — Permite activar a marcación rápida.
Calquera tecla responde — Permite activar a resposta
mediante calquera tecla.
Liña en uso — Este axuste (servizo de rede) só se amosa se
a tarxeta SIM admite dous números de subscritor, é dicir, dúas
liñas de teléfono. Seleccione que liña de teléfono desexa
utilizar para facer chamadas ou enviar mensaxes de texto. As
chamadas de ámbalas dúas liñas poden responderse sen ter
en conta a liña seleccionada. Se selecciona
Liña 2
e non se
subscribiu a este servizo de rede, non poderá realizar
chamadas. Cando se selecciona a liña 2, na pantalla de inicio
aparece .
Cambio de liña — Permite impedir a selección de liñas
telefónicas (servizo de rede), sempre que a tarxeta SIM
admita esta opción. Para cambiar este axuste, necesita o
código PIN2.
As opcións dispoñibles poden variar.