Axustes da pantalla
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Pantalla
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Sensor de luz — Permite axustar a sensibilidade do sensor
de luz do dispositivo. O sensor de luz acende as luces cando
a luz ambiental é insuficiente e apágaas cando é demasiado
alta.
Tamaño da fonte — Permite seleccionar o tamaño do texto
e das iconas da pantalla.
Saúdo inicial ou logo — Permite seleccionar se desexa que
se amose unha nota ou imaxe ao acender o dispositivo.
Duración luz — Permite establecer o tempo que desexa que
a luz permaneza acesa logo de deixar de utilizar o teléfono.