
Teléfono e SIM
Pode definir os axustes de seguridade do seu dispositivo e da
tarxeta SIM. Por exemplo, pode cambiar os códigos de acceso.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Xestión
teléfono
>
Axust. segurid.
>
Teléfono e tarxeta SIM
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Petición de código PIN — Cando esta opción está activa,
solicítase o código cada vez que se acende o dispositivo. É
posible que algunhas tarxetas SIM non admitan a
desactivación da solicitude do código PIN.
Código PIN, Código PIN2 e Código de bloqueo — Permite
cambiar o código PIN, o código PIN2 e o código de bloqueo.
Estes códigos soamente poden incluír números do 0 ao 9.
Evite utilizar códigos de acceso similares aos números de
emerxencia para evitar a marcación accidental do número de
emerxencia. Se esquece o código PIN ou PIN2, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos. Se esquece o seu
código de bloqueo, póñase en contacto cun punto de
atención de Nokia Care ou co fornecedor do dispositivo.
Tempo bloq. autom. tlf. — Para evitar o uso non
autorizado, axuste o tempo de espera que desexa que
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
116

transcorra para que o dispositivo se bloquee
automaticamente. Os dispositivos bloqueados non se poden
utilizar ata que se insire o código de bloqueo correcto. Para
desactivar esta opción, seleccione
Ningún
.
Bloq. se cambia tarx. SIM — Permite axustar o dispositivo
para que solicite o código de bloqueo cando se insira unha
tarxeta SIM descoñecida no seu dispositivo. O dispositivo
mantén unha lista de tarxetas SIM que se recoñecen como as
tarxetas do usuario.
Bloqueo teléfono remoto — Permite activar ou desactivar
o bloqueo remoto.
Grupo usuarios pechado — Permite especificar un grupo
de persoas ás que pode chamar e que poden chamarlle
(servizo de rede).
Confirmar servizos SIM — Permite axustar o dispositivo
para solicitarlle confirmación cando estea a utilizar un servizo
de tarxeta SIM (servizo de rede).