Xestión de certificados
Os certificados dixitais protexen o seu contido cando transfire
información confidencial. Os certificados deberían
empregarse para conectarse a un banco en liña ou a outro
sitio, ou a un servidor remoto para realizar accións que
impliquen a transferencia de información confidencial.
Os certificados tamén deben utilizarse cando desexe reducir
o risco de virus ou outro software malicioso e asegurarse da
autenticidade do software cando descargue e instale
software.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Xestión
teléfono
>
Axust. segurid.
>
Xestión de certificados
e
seleccione o tipo de certificado desexado.
Os certificados dixitais non garanten a seguridade; utilízanse
para verificar a orixe do software.
Importante: Aínda que o uso de certificados reduce
considerablemente os riscos relacionados coas conexións
remotas e as instalacións de software, cómpre utilizalos
correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade.
A existencia dun certificado non ofrece protección por si
mesmo. O administrador do certificado debe dispoñer de
certificados correctos, auténticos ou fiables para poder
aumentar a seguridade. Os certificados teñen data de
caducidade. Se se amosa "Certificado caducado" ou "O
certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado
debera ser válido, comprobe que a hora e a data do
dispositivo son correctas.