Instalar aplicacións
Os ficheiros de instalación pódense transferir ao dispositivo
dende un ordenador compatible, descargar durante a
navegación ou recibilos nunha mensaxe multimedia, como
ficheiro adxunto de correo electrónico, ou mediante outros
métodos de conexión, como unha conexión Bluetooth.
Pode utilizar Nokia Application Installer de Nokia Ovi Suite
para instalar unha aplicación no dispositivo.
As iconas do xestor de aplicacións indican o seguinte:
Aplicación SIS ou SISX
Aplicación Java
widgets
aplicación instalada na tarxeta de memoria
aplicación instalada na memoria masiva
Importante: Só instale e utilice aplicacións e outro
software procedente de fontes de confianza, como
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
119
aplicacións Symbian Signed ou que teñan pasado a proba
Java Verified™.
Antes da instalación, teña en conta o seguinte:
•
Para ver o tipo de aplicación, o número da versión e o seu
fornecedor ou creador, seleccione
Opcións
>
Ver
detalles
.
Para ver os detalles do certificado de seguridade da
aplicación, seleccione
Detalles:
>
Certificados:
>
Ver
detalles
. Controle o uso de certificados dixitais en
Xestión de certificados.
•
Se instala un ficheiro que contén unha actualización ou
parche para unha aplicación existente, só pode restaurar
a aplicación orixinal se posúe o ficheiro de instalación
orixinal ou unha copia de seguridade completa do
paquete de software eliminado. Para restaurar a
aplicación orixinal, elimine a aplicación e instálea de
novo dende o ficheiro de instalación orixinal ou dende a
copia de seguridade.
Para instalar aplicacións Java é preciso o ficheiro JAR. Se
non se atopa, é posible que o teléfono lle solicite a súa
descarga. Se non existe ningún punto de acceso definido
para a aplicación, solicitaráselle seleccionar un.
Para instalar unha aplicación, leve a cabo o seguinte:
1 Para localizar un ficheiro de instalación, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Xestor aplicac.
. Tamén pode buscar
os ficheiros de instalación mediante o Xestor de ficheiros
ou seleccionar
Mensaxería
>
Caixa de entrada
e abrir
unha mensaxe que conteña un ficheiro de instalación.
2 No Xestor de aplicacións, seleccione
Opcións
>
Instalar
. Noutras aplicacións, seleccione o ficheiro de
instalación para que esta comece.
Durante a instalación, o teléfono amosa información
acerca do seu progreso. Se instala unha aplicación sen
certificado ou sinatura dixital, o teléfono amosará unha
advertencia. Continúe a instalación só se está seguro da
orixe e contido da aplicación.
Para executar unha aplicación instalada, localícea no menú e
selecciónea. Se a aplicación non posúe un cartafol
predeterminado definido, instalarase no cartafol Aplicacións
intal. do menú principal.
Para ver os paquetes de software instalados ou eliminados e
a súa data, seleccione
Opcións
>
Ver rexistro
.
Importante: Ó dispositivo só admite unha aplicación
antivirus. Dispoñer de máis dunha aplicación con función
antivirus pode afectar ao rendemento e funcionamento ou
provocar que o dispositivo deixe de funcionar.
Despois de instalar as aplicacións nunha tarxeta de memoria
compatible, os ficheiros de instalación (.sis, .sisx)
permanecen na memoria do dispositivo. É posible que os
ficheiros utilicen grandes cantidades de memoria e lle
impidan almacenar outros ficheiros. Para manter suficiente
memoria, utilice Nokia Ovi Suite para facer unha copia de
seguridade dos ficheiros de instalación nun ordenador
compatible e, a continuación, utilice o xestor de ficheiros
para eliminar os ficheiros de instalación da memoria do
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
120
dispositivo. Se o ficheiro .sis é un ficheiro achegado dunha
mensaxe, elimine a mensaxe da bandexa de entrada.