Axustes de vídeo
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Cámara
.
Para modificar os axustes principais, no modo de vídeo,
seleccione
Opcións
>
Axustes
e unha das seguintes opcións:
Calidade de vídeo — Permite axustar a calidade do
videoclip. Para enviar un videoclip nunha mensaxe
multimedia, seleccione
Compartir calidade
. O clip grávase
con resolución QCIF, en formato 3GP. É posible que non poida
enviar videoclips gardados no formato de ficheiro MPEG4 en
mensaxes multimedia.
Amosar info. do GPS — Para engadir coordenadas de
localización GPS automaticamente a videoclips, seleccione
Activado
. A recepción do sinal GPS pode tardar varios
minutos en completarse, ou é posible que o sinal non estea
dispoñible.
A información de localización pode achegarse a unha imaxe
ou a un videoclip se as coordenadas de localización se poden
determinar a través da rede e do GPS. Se comparte unha
imaxe ou un videoclip que dispón de información de
localización achegada, a información de localización estará
visible para as demais persoas que visualicen a imaxe ou o
videoclip. É posible desactivar o xeoetiquetado nos axustes
da cámara.
Gravación de son — Permite gravar son.
Amosar vídeo capturado — Para ver o primeiro fotograma
do videoclip unha vez detida a gravación. Para ver todo o
videoclip, seleccione
Reproducir
.
Nome de vídeo predet. — Permite inserir o nome
predeterminado para os videoclips gravados.
Memoria en uso — Permite seleccionar onde desexa que se
garden os seus videoclips.
Restab. axustes cámara — Permite recuperar os valores
predeterminados dos axustes da cámara.