Captura de imaxes nunha secuencia
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Cámara
.
O modo de secuencia soamente está dispoñible na cámara
principal. Para utilizar o modo de secuencia, cómpre dispoñer
de bastante memoria dispoñible.
Axuste da cámara para capturar imaxes nunha secuencia
1 Seleccione >
Secuencia
. Para pechar a vista de
axustes, seleccione .
2 Manteña premida a tecla de captura. O dispositivo
capturará imaxes ata que seleccione
Deter
ou ata que se
capturen 18 imaxes.
Desactivación do modo de secuencia
Seleccione >
1 soa foto
.
As imaxes capturadas amósanse nunha cuadrícula. Para
visualizar unha imaxe, selecciónea. Para volver ao visor do
modo de secuencia, prema a tecla de captura.
Tamén pode utilizar o modo de secuencia co temporizador
automático.