Capturar unha imaxe
Cando realice a captura dunha imaxe, teña en conta o
seguinte:
•
Utilice ambas as mans para manter firme a cámara.
•
A calidade das imaxes sobre as que se aplicou o zoom
dixital é inferior á das imaxes sobre as que non se aplicou.
•
A cámara pasa a modo de aforro de batería tras un
minuto de inactividade.
•
Manteña unha distancia de seguridade cando utilice o
flash. Non utilice o flash para tomar imaxes de persoas
ou animais situados a pouca distancia. Non cubra o flash
durante a toma de imaxes.
1 Para pasar do modo de vídeo ao de imaxe, se é necesario,
seleccione > .
2 Prema a tecla de captura. Non mova o dispositivo antes
de que a imaxe se garde e se amose a imaxe final.
Capturar imaxes coa cámara secundaria
1 Seleccione
Opcións
>
Usar cámara secundaria
.
2 Para capturar unha imaxe, seleccione
. Non mova o
dispositivo antes de que se garde a imaxe e se amose a
imaxe final na pantalla.
Ampliar ou reducir ao capturar unha imaxe
Utilice o control desprazable do zoom.
Deixar a cámara aberta en segundo plano e utilizar
outras aplicacións
Prema a tecla de menú. Para regresar á cámara, prema de
xeito prolongado a tecla de captura.