Información de localización
É posible engadir automaticamente información de
localización da captura aos detalles do ficheiro do material
capturado. Por exemplo, na aplicación Fotos, é posible ver a
localización onde se capturou unha imaxe.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Cámara
.
Engadir información de localización a todo o material
capturado
Seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Amosar info. do GPS
>
Activado
. A información da posición está dispoñible só para
imaxes capturadas coa cámara principal.
A información de localización pode achegarse a unha imaxe
ou a un videoclip se as coordenadas de localización se poden
determinar a través da rede e do GPS. Se comparte unha
imaxe ou un videoclip que dispón de información de
localización achegada, a información de localización estará
visible para as demais persoas que visualicen a imaxe ou o
videoclip. É posible desactivar o xeoetiquetado nos axustes
da cámara.
É posible que se tarden varios minutos en obter as
coordenadas da súa localización. A dispoñibilidade e calidade
dos sinais GPS pode verse afectada pola situación na que se
atopa, por edificios, obstáculos naturais e polas condicións
meteorolóxicas. Se comparte un ficheiro que inclúe
información de localización, tamén se compartirá a
información de localización, e a súa localización poderá ser
vista por terceiras partes que visualicen o ficheiro. O
dispositivo require servizos de rede para obter información
de localización.
Indicadores da información de localización:
— Información de situación non dispoñible. O GPS
permanece activado en segundo plano varios minutos. Se se
efectúa unha conexión satélite e o indicador cambia a antes
de que transcorra ese tempo, todas as imaxes capturadas e
os videoclips gravados durante ese tempo etiquetaranse de
acordo coa información de situación do GPS recibida.
— A información de localización está dispoñible. A
información de localización engádese aos detalles do
ficheiro.
Os ficheiros que dispoñen de información de localización
indícanse mediante na aplicación Fotos.