Axustes de rede
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Rede
.
O seu dispositivo pode cambiar automaticamente entre as
redes GSM e UMTS. As redes GSM indícanse mediante . As
redes UMTS indícanse mediante
.
A conexión (servizo de rede) de acceso de alta velocidade de
paquetes en enlace descendente (HSDPA) indícase mediante
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Modo de rede — Permite seleccionar que rede desexa
utilizar. Se selecciona
Modo dual
, o dispositivo utilizará a
rede GSM ou UMTS automaticamente, segundo os parámetros
de rede e os acordos de itinerancia establecidos entre os
fornecedores de servizos sen fíos. Para obter máis detalles e
información sobre os custos da itinerancia, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizo de rede. Esta opción só
se amosa se a admite o fornecedor de servizos sen fíos.
Un acordo de itinerancia é un acordo entre dous ou máis
fornecedores de servizos que permite que os usuarios dun
fornecedor de servizos utilicen os servizos doutros
fornecedores de servizos.
Selección de operador — Seleccione
Automática
para
axustar o dispositivo para buscar e seleccionar unha das
redes dispoñibles ou
Manual
para seleccionar manualmente
a rede dunha lista. Se se perde a conexión á rede seleccionada
manualmente, o dispositivo emitirá un ton de erro e
solicitaralle que seleccione de novo unha rede. A rede
seleccionada debe dispoñer dun acordo de itinerancia coa
súa rede propia.
Amosar info celular — Permite axustar o dispositivo para
que indique cando desexa que se utilice nunha rede móbil
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
54
baseada nunha tecnoloxía de rede micromóbil (MCN) e para
activar a recepción da información móbil.