Acerca da conectividade Bluetooth
Grazas á conectividade Bluetooth pode establecer unha
conexión sen fíos a outros dispositivos compatibles, como
dispositivos móbiles, ordenadores, auriculares ou kits de
vehículos.
Pode utilizar a conexión para enviar elementos dende o seu
dispositivo, transferir ficheiros dende o seu ordenador
compatible e imprimir ficheiros cunha impresora compatible.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Bluetooth
.
Debido a que os dispositivos con tecnoloxía sen fíos
Bluetooth se comunican mediante ondas de radio, non se
teñen que atopar nunha liña visual directa. Non obstante,
cómpre que se atopen como máximo a 10 metros o un do
outro, aínda que a conexión pode sufrir interferencias debido
a obstáculos como paredes ou a outros dispositivos
electrónicos.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.0
+ EDR que admite os seguintes perfís: Perfil de Acceso
telefónico a redes (DUN), Perfil de Object Push (OPP),
Protocolo de Transmisión de ficheiros (FTP), Perfil Mans libres
(HFP), Perfil ML portátil (HSP), Perfil de Imaxe básica (BIP),
Perfil de Acceso SIM remoto (SimAP), Perfil de Identificación
de dispositivos (DI), Perfil de Acceso á axenda telefónica
(PBAP), Perfil de Distribución son/vídeo xenérico (GAVDP),
Perfil de Control remoto de son/vídeo (AVRCP), Perfil de
Distribución de son avanzada(A2DP) . Para asegurar a
interoperabilidade con outros dispositivos que dispoñan de
tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia homologados
para este modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos
outros dispositivos para obter información sobre a
compatibilidade con este dispositivo.
Cando o dispositivo se atopa bloqueado, só se poden
establecer conexións con dispositivos autorizados.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o
consumo de enerxía e reducen a duración da batería.