Envío de datos mediante Bluetooth
É posible activar varias conexións Bluetooth á vez. Por
exemplo, se está conectado a uns auriculares compatibles,
tamén pode transferir ficheiros a outro dispositivo
compatible.
1 Abra a aplicación onde se garda o elemento que desexa
enviar.
2 Desprácese ata un elemento e seleccione
Opcións
>
Enviar
>
Por Bluetooth
.
Amosaranse os dispositivos con tecnoloxía sen fíos
Bluetooth que se atopen dentro do seu alcance. As iconas
dos dispositivos son as seguintes:
ordenador
teléfono
dispositivo de vídeo ou de son
outros dispositivos
Para interromper a busca, seleccione
Cancelar
.
3 Seleccione o dispositivo co que desexa conectar.
4 Se o outro dispositivo realiza unha petición de
vinculación para poder transferir os datos, escóitase un
son e solicítase inserir un código. Cómpre introducir o
mesmo código nos dous dispositivos.
Cando se establece a conexión, amósase a mensaxe
Enviando datos
.
Consello: Cando se realiza a busca dos dispositivos, é posible
que algúns só amosen o enderezo único (enderezo do
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
61
dispositivo). Para atopar o enderezo único do teléfono, no
marcador, insira *#2820#.