Vinculación de dispositivos
Pode vincular o seu dispositivo con outro dispositivo
compatible para establecer conexións Bluetooth posteriores
entre os dispositivos máis rapidamente. Antes da
vinculación, cree o seu propio código (de 1 a 16 díxitos) e
acorde co propietario do outro dispositivo utilizar o mesmo
código. Os dispositivos que non presentan unha interface de
usuario posúen un código axustado de fábrica. O código
utilízase só unha vez.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Bluetooth
.
1 Abra a ficha Disposit. vinculados.
2 Seleccione
Opcións
>
Novo disposit. vinculado
.
Amosaranse os dispositivos que se atopan dentro do seu
alcance.
3 Seleccione o dispositivo.
4 Introduza o código nos dous dispositivos.
indica que un dispositivo está vinculado na vista de
procura de dispositivos.
Conexión a un accesorio despois da vinculación
Seleccione
Opcións
>
Conec. con dispos. audio
. Algúns
accesorios de audio conéctanse automaticamente co
teléfono despois da vinculación.
Axuste dun dispositivo como autorizado
Seleccione
Fixar como autorizado
. As conexións entre o
teléfono e o dispositivo autorizado pódense realizar sen o seu
coñecemento. Use este estado só para os seus propios
dispositivos, como os auriculares compatibles, ordenadores
ou dispositivos que pertenzan a unha persoa de confianza.
indica os dispositivos que se atopan autorizados na vista de
dispositivos vinculados.
Cancelación da vinculación cun dispositivo
Seleccione
Opcións
>
Borrar
.
Cancelación de todas as vinculacións
Seleccione
Opcións
>
Borrar todos
.