Acerca de WLAN
Para utilizar unha conexión de rede de área local sen fíos
(WLAN), debe haber unha dispoñible no lugar no que se
encontra e o dispositivo debe estar conectado a ela. Algunhas
WLAN están protexidas, e precisa dunha clave de acceso do
seu fornecedor de servizos para conectarse a elas.
Nota: En Francia, unicamente está autorizado a empregar
as redes WLAN en lugares interiores.
As funcións que empregan as WLAN, ou que teñen
autorización para executarse en segundo plano mentres se
empregan outras funcións, aumentan a demanda de enerxía
da batería e reducen a vida útil da mesma.
Importante: Active sempre un dos métodos de cifrado
dispoñibles para aumentar a seguridade da conexión LAN sen
fíos. A utilización do cifrado reduce o risco de que accedan de
xeito non autorizado aos seus datos.