
Axustes de puntos de acceso de paquetes de datos
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Destinos
>
Punto de acceso
e siga as instrucións.
Edición de puntos de acceso de paquetes de datos
Seleccione un grupo de puntos de acceso e o punto de acceso
marcado mediante
. Siga as instrucións do seu
fornecedor de servizos.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Nome punto de acceso — O seu fornecedor de servizos
facilitaralle o nome do punto de acceso.
Nome de usuario — É posible que se necesite o nome de
usuario para realizar unha conexión de datos. Este nome de
usuario obtense normalmente do fornecedor de servizos.
Petición contrasinal — Se cómpre inserir o contrasinal cada
vez que se inicia sesión nun servidor ou se non desexa gardar
o contrasinal no dispositivo, seleccione
Si
.
Contrasinal — É posible que sexa necesario un contrasinal
para realizar unha conexión de datos. Este contrasinal
obtense normalmente do fornecedor de servizos.
Autenticación — Para enviar sempre o seu contrasinal
codificado, seleccione
Segura
. Para enviar o seu contrasinal
codificado cando sexa posible, seleccione
Normal
.
Páxina de inicio — Dependendo do punto de acceso que
configure, insira o enderezo web ou o enderezo do centro de
mensaxes multimedia.
Usar punto de acceso — Permite axustar o dispositivo para
conectarse ao destino mediante este punto de acceso despois
da súa confirmación ou de xeito automático.
Modificación dos axustes de puntos de acceso de
paquetes de datos avanzados
Seleccione
Opcións
>
Axustes avanzados
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Tipo de rede — Permite seleccionar o tipo de protocolo da
Internet que desexa utilizar para transferir datos desde e
para o dispositivo. O resto de axustes dependerán do tipo de
rede seleccionado.
Enderezo IP teléfono (só para IPv4): — Permite inserir o
enderezo IP do dispositivo.
Enderezos DNS — Permite inserir os enderezos IP dos
servidores DNS primario e secundario, se o require o seu
fornecedor de servizos. Para obter estes enderezos, póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos da Internet.
Enderezo servidor proxy — Insira o enderezo do servidor
proxy.
Nº de porto proxy — Permite inserir o número de porto do
servidor proxy.