Acerca do correo electrónico
Seleccione
Menú
>
Correo
.
Se o software do dispositivo se actualizou, pode que a
situación de Correo non sexa a mesma.
Pode comezar a usar o seu enderezo de correo electrónico
existente co dispositivo e ler, responder a e organizar o
correo electrónico dende calquera lugar. Pode engadir varias
caixas do correo e acceder a estas directamente dende a súa
pantalla Inicio. Na vista de correo electrónico principal, pode
cambiar dunha caixa de correo a outra.
O correo electrónico é un servizo de rede.
O envío e a recepción de correo electrónico dende o seu
dispositivo pode implicar a aplicación de tarifas. Para obter
información sobre os posibles custos, póñase en contacto co
seu fornecedor de servizos.
1 A súa caixa de correo actual.
2 Alterne entre as súas caixas de correo e visualice correos
electrónicos de diferentes cartafoles.
3 Ordene o seu correo electrónico por, por exemplo, data.
4 Correo electrónico da caixa de correo actual.
Correo contén elementos interactivos. Manteña
seleccionado, por exemplo, un correo electrónico para ver un
menú despregable.