Compartir en liña
Pode compartir imaxes e videoclips en álbums en liña
compatibles, weblogs ou outros servizos compatibles para
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
90
compartir en liña dispoñibles na web. Pode cargar contido,
gardar mensaxes inacabadas como esbozos e continuar máis
tarde, e ver o contido dos álbums. Os tipos de contido
admitido poden variar dependendo do fornecedor de
servizos.
Para compartir imaxes e vídeos en liña, cómpre dispor dunha
conta cun servizo para compartir imaxes en liña.
Normalmente, pódese subscribir a un destes servizos na
páxina web do seu fornecedor de servizos. Póñase en
contacto so seu fornecedor de servizos para obter máis
información.
O uso deste servizo pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de
servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
para obter información acerca das tarifas de transmisión de
datos.
O método de conexión recomendado é WLAN.
Para cargar un ficheiro de Fotos a un servizo en liña,
seleccione
Menú
>
Fotos
, o ficheiro desexado e
Opcións
>
Enviar
>
Cargar
ou
Compartir en Ovi
.
Para obter máis información acerca da aplicación e dos
fornecedores de servizo compatibles, consulte as páxinas de
asistencia técnica de Nokia ou o seu sitio web local de Nokia.