Información sobre a batería e o cargador
O dispositivo funciona cunha batería recargable. A batería deseñada para utilizarse co
dispositivo é a BL-4D. Nokia pode fabricar modelos de batería adicionais para este
dispositivo.
O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes cargadores: AC-10 . O número
exacto do modelo do cargador de Nokia pode variar dependendo do tipo de enchufe,
identificado mediante as letras E, X, AR, U, A, C, K ou B. Ademais, cargadores doutros
fabricantes que cumpran coa norma IEC/EN 62684 poden ser compatibles con este
dispositivo se se conectan ao porto de datos Micro-USB.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero finalmente, desgástase.
Cando a duración da batería no modo de espera e durante as conversas telefónicas se
reduza considerablemente, substitúaa. Utilice unicamente baterías autorizadas por
Nokia e recárgueas unicamente con cargadores autorizados por Nokia deseñados para
utilizarse con este dispositivo.
Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non se utiliza dende hai moito tempo,
é posible que sexa necesario conectar o cargador, desconectalo e volvelo conectar para
comezar a cargar a batería. Se a batería está completamente descargada, é posible que
teña que esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e para poder visualizar
o indicador de carga na pantalla.
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer
a batería.
Carga axeitada. Desconecte o cargador da toma de corrente e do dispositivo cando non
o utilice. Non deixe unha batería completamente cargada conectada a un cargador, xa
que o exceso de carga pode reducir a súa vida útil. Se non se utilizan, as baterías cargadas
perden a súa carga co paso do tempo.
Evite someter o dispositivo a temperaturas extremas. Intente manter sempre a batería
a unha temperatura comprendida entre os 15ºC e os 25ºC. A exposición da batería a
temperaturas extremas reduce a capacidade e a vida útil da mesma. É posible que o
dispositivo non funcione temporalmente se a batería está fría ou quente. O rendemento
da batería é especialmente limitado a temperaturas situadas por debaixo de 0ºC.
Non provoque curtocircuítos. É posible que se produzan curtocircuítos accidentais se un
obxecto metálico, coma unha moeda, un clip ou un bolígrafo provoca un contacto directo
dos terminais positivo (+) e negativo (-) da batería. (Os terminais teñen o aspecto de tiras
metálicas na batería). Isto pode ocorrer, por exemplo, cando transporta unha batería de
reposto no peto ou no bolso. Os curtocircuítos nos terminais poden danar a batería ou o
obxecto que realiza o contacto.
Como desfacerse da unidade. Non bote as baterías ao lume, xa que poderían explotar.
Respecte as normativas locais no momento de desfacerse das baterías. Recicle as baterías
cando sexa posible. Non as deposite en lugares destinados aos residuos domésticos.
Fugas. Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre, perfore nin triture as pilas nin as
baterías. No caso de que se produza unha fuga na batería, evite que o líquido da batería
entre en contacto coa pel ou os ollos. Se isto sucede, lave as zonas afectadas
inmediatamente con auga ou acuda a un médico.
Danos. Non modifique, reconstrúa nin intente inserir obxectos estraños na batería, nin
a expoña ou somerxa en auga ou outros líquidos. As baterías poden explotar se están
danadas.
Uso correcto. Utilice a batería unicamente para o uso para o que foi deseñada. O uso non
axeitado da batería pode provocar un incendio, unha explosión e outros perigos. Se deixa
caer o dispositivo ou a batería, especialmente sobre unha superficie dura, e cree que a
batería puido quedar danada, envíea a un centro de servizo técnico para revisala antes
de continuar utilizándoa. Nunca utilice cargadores nin baterías danadas. Manteña a
batería fóra do alcance dos nenos.