Coidado do dispositivo
Manexe o dispositivo, a batería, o cargador e os accesorios con coidado. As seguintes
suxestións axúdanlle a conservar a cobertura da garantía.
•
Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a humidade e todos os tipos de
líquidos poden conter minerais que produzan a corrosión dos circuítos
electrónicos. Se o dispositivo entra en contacto coa auga, retire a batería e agarde
a que o dispositivo se seque completamente antes de volver a colocala.
•
Non garde o dispositivo en lugares fríos.
•
Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao indicado nesta guía de usuario.
•
A utilización de modificacións non autorizadas pode danar o dispositivo e infrinxir
a lexislación que regula o uso de dispositivos de radio.
•
Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
132
•
Utilice só un pano seco, suave e limpo para limpar a superficie do dispositivo.
•
Apague o dispositivo e retire a batería de vez en cando para obter un rendemento
óptimo.
•
Non acerque o seu dispositivo a imáns ou campos magnéticos.
•
Para manter os seus datos importantes seguros, almacéneos en polo menos dous
lugares separados, por exemplo, no seu dispositivo, na tarxeta de memoria ou no
ordenador, ou escriba a información importante.
Durante o funcionamento continuado, é posible que o dispositivo aumente de
temperatura. Na maioría de casos, trátase de algo normal. Se sospeita que o dispositivo
non funciona correctamente, envíeo ó centro de servizo técnico autorizado máis
próximo.