Verbo da xestión dos dereitos dixitais
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os costumes locais, a intimidade e
os dereitos lexítimos das demais persoas, incluídos os dereitos de autor. É posible que
as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a copia, modificación ou
transferencia de imaxes, música e demais contido.
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de
xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade intelectual, incluídos
os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM para acceder a
contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo é posible acceder a contido
protexido con WMDRM 10 e OMA DRM 2.0. Se un determinado software DRM non protexe
o contido, é posible que os propietarios do contido soliciten que se anule a capacidade
do mencionado software de acceder a novos contidos protexidos mediante DRM. Esta
anulación pode tamén impedir a renovación do contido protexido que xa se atope no
dispositivo, mediante DRM. Esta anulación non afectará ao uso de contido protexido con
outros tipos de DRM ou ao uso de contido non protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse
cunha licenza asociada que define os seus dereitos para utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer unha
copia de seguridade da licenza e do contido, utilice a función de copia de seguridade de
Nokia Ovi Suite.
É posible que outros métodos de transferencia non transfiran as licenzas que é necesario
recuperar co contido para que poida continuar utilizando o contido protexido mediante
OMA DRM despois de formatar a memoria do dispositivo. Tamén é posible que necesite
recuperar a licenza en caso de que se danen os ficheiros do dispositivo.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, a licenza e o contido
perderanse se formata a memoria do dispositivo. Tamén é posible que perda a licenza e
o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda da licenza ou do contido pode
limitar a súa capacidade para utilizar o mesmo contido no seu dispositivo de novo. Para
obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
É posible que algunhas licenzas estean ligadas a tarxetas SIM específicas, e que só poida
acceder ao contido protexido se a tarxeta SIM se atopa inserida no dispositivo.