![background image](https://i.helpdoc.net/Nokia N97 mini/gl/Nokia N97 mini_gl133.png)
Entorno operativo
Este dispositivo cumpre coas directrices de exposición a radiofrecuencia cando se
emprega na posición normal de uso no oído ou cando se coloca polo menos a unha
distancia de 1,5 centímetros (5/8 de polg.) do corpo. Se se utiliza unha funda de
transporte, unha pinza para o cinto ou un soporte para utilizar o produto pegado ao
corpo, estes non deberán conter ningunha peza de metal e deberá colocar o dispositivo
á distancia indicada anteriormente.
Para enviar ficheiros de datos ou mensaxes, cómpre dispoñer dunha conexión de calidade
á rede. É posible que o envío de ficheiros de datos ou mensaxes se retrase ata que se
atope dispoñible a mencionada conexión. Respecte as instrucións sobre a distancia de
separación ata completar a transmisión.
Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É posible que os materiais metálicos
sexan atraídos polo dispositivo. Non coloque tarxetas de crédito nin outros soportes de
almacenaxe magnéticos preto do dispositivo, xa que é posible que se elimine a
información almacenada neles.