Nokia N97 mini - Realización de chamadas de emerxencia

background image

Realización de chamadas de emerxencia
1

Asegúrese de que o dispositivo estea acendido.

2

Comprobe que a intensidade do sinal é a axeitada. É posible que tamén necesite

levar a cabo o seguinte:

Insira unha tarxeta SIM.

Desactive as restricións de chamadas que activou para o dispositivo, como a

restrición de chamadas, a marcación fixa ou os grupos de usuarios pechados.

Asegúrese de que o perfil Fóra de liña ou Voo non se atope activado.

Se a pantalla e as teclas do dispositivo están bloqueadas, desbloquéeas.

3

Prema a tecla Fin varias veces ata que se amose a pantalla Inicio.

4

Para abrir o marcador, seleccione a icona correspondente.

5

Insira o número de emerxencia oficial da localidade na que se atope. Os números

de chamadas emerxencia poden variar en función da súa localización.

6

Prema a tecla Chamar.

7

Forneza a información necesaria coa maior precisión posible. Non finalice a

chamada ata que reciba permiso para facelo.

Importante: Active as chamadas de móbil e da Internet, se o dispositivo admite as

chamadas da Internet. O dispositivo pode intentar efectuar as chamadas de emerxencia

a través das redes móbiles e do fornecedor de servizos de chamadas da Internet. Non se

pode garantir que a conexión funcione en todas as condicións. Nunca dependa

© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

134

background image

unicamente dun dispositivo sen fíos para efectuar comunicacións importantes, como

urxencias médicas.