Nokia N97 mini - Asistencia técnica

background image

Asistencia técnica

Se desexa máis información acerca do uso do produto ou o

funcionamento do teléfono, lea a guía do usuario incluída no

teléfono. Seleccione

Menú

>

Aplicacións

>

Axuda

.

Se así non se resolve o seu problema, tente unha das

seguintes opcións:

Reinicie o teléfono. Apague o teléfono e retire a batería.

Despois dun minuto, volva colocar a batería e acenda o

teléfono.

Actualizar o software do teléfono

Restaurar os axustes orixinais de fábrica

Se continúa sen resolverse o problema, póñase en contacto

con Nokia para obter información acerca doutras opcións de

reparación. Visite www.nokia.com/repair. Antes de enviar a

amañar o teléfono, lembre facer unha copia de seguridade

dos datos.