Aumento da duración da batería
Moitas funcións do seu dispositivo aumentan a demanda de
enerxía da batería e reducen a vida útil da mesma. Para
aforrar enerxía da batería, teña en conta o seguinte:
•
As funcións que empregan a tecnoloxía Bluetooth ou que
permiten que as mencionadas funcións se executen en
segundo plano mentres se empregan outras aumentan a
demanda de enerxía da batería. Desactive a tecnoloxía
Bluetooth cando non a necesite.
•
As funcións que empregan a rede LAN (WLAN) sen fíos ou
que permiten que as mencionadas funcións se executen
en segundo plano mentres se empregan outras
aumentan a demanda de enerxía da batería. A WLAN do
seu dispositivo Nokia desactívase cando non está
intentando conectarse, non se atopa conectado a un
punto de acceso ou non está buscando redes dispoñibles.
Para reducir máis o consumo de batería, é posible axustar
que o seu dispositivo non busque ou que busque con
menos frecuencia redes dispoñibles en segundo plano.
•
Se axustou
Conexión paquetes datos
en
Se está
dispoñible
nos axustes de conexión e non existe
cobertura de paquete de datos (GPRS), o dispositivo tenta
establecer periodicamente unha conexión de paquete de
datos. Para aumentar a duración do funcionamento do
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
129
teléfono, seleccione
Conexión paquetes datos
>
Se
cómpre
.
•
A aplicación Mapas descarga nova información do mapa
cando vostede se despraza ata novas zonas deste, o que
aumenta o consumo de enerxía da batería. É posible
evitar a descarga automática de novos mapas.
•
Se a potencia do sinal da rede móbil varía
considerablemente na súa zona, o dispositivo buscará a
rede dispoñible repetidamente. Isto aumenta o consumo
da enerxía da batería.
Se o modo de rede se axusta en modo dual nos axustes
de rede, o dispositivo buscará a rede 3G. É posible axustar
o dispositivo para empregar só a rede GSM. Para
empregar só a rede GSM, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Rede
>
Modo de rede
>
GSM
.
•
A luz de fondo da pantalla aumenta a demanda de
enerxía da batería. Nos axustes de pantalla, é posible
modificar o tempo de espera tralo cal se apaga a luz de
fondo. Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Pantalla
>
Duración luz
. Para axustar o sensor de luz
que observa as condicións de luz e axusta o brillo da
pantalla, nos axustes de pantalla, seleccione
Sensor de
luz
.
•
Deixar aplicacións executándose en segundo plano
aumenta a demanda de enerxía da batería. Para pechas
as aplicacións que non estea a usar, se non responden,
seleccione
Opcións
>
Amosar aplics. abertas
e
desprácese ata a aplicación utilizando a tecla de menú.
Manteña premida a tecla menú para abrir a aplicación e
seleccione
Opcións
>
Saír
.