![background image](https://i.helpdoc.net/Nokia N97 mini/gl/Nokia N97 mini_gl094.png)
Música Ovi
Mediante Música Ovi (servizo de rede), é posible procurar,
examinar e descargar música ao dispositivo.
O servizo Música Ovi substituirá finalmente á Tenda de
música.
Seleccione
Menú
>
Música
>
Ovi Música
.
Para descargar música, primeiro cómpre rexistrarse para o
servizo.
A descarga de música pode implicar a aplicación de tarifas
adicionais e a transmisión de grandes cantidades de datos
(servizo de rede). Para obter información verbo das tarifas de
transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos de rede.
Para acceder a Música Ovi, cómpre dispoñer dun punto de
acceso á Internet válido no dispositivo. Pode que se lle solicite
seleccionar o punto de acceso que desexa empregar para
conectarse a Música Ovi.
Selección do punto de acceso
Seleccione
Punto de acceso predet.
.
A dispoñibilidade e aspecto dos axustes de Música Ovi poden
variar. É posible que os axustes estean tamén predefinidos e
que non poida modificalos. Cando navegue por Música Ovi,
poderá modificar os axustes.
Modificar os axustes de Música Ovi
Seleccione
Opcións
>
Axustes
.
Música Ovi non está dispoñible en todos os países ou rexións.