
Directorios
Os directorios axúdanlle a atopar novos episodios de podcast
aos que pode estar subscrito.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Podcasting
.
Abrir un directorio
Seleccione
Directorios
e o directorio desexado. Se o
directorio non está actualizado, ao seleccionalo comezará o
proceso de actualización. Cando a actualización está
completa, seleccione o directorio de novo para abrilo.
Os directorios poden incluír podcasts listados por
popularidade e cartafoles temáticos.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
96

Abrir un cartafol temático
Seleccione o cartafol. Aparecerá unha lista cos podcasts.
Subscribirse a un podcast
Desprácese ata o título e seleccione
Opcións
>
Subscribirse
.
Tras subscribirse a un podcast, pode descargar, xestionar e
reproducir os episodios de podcast no menú de podcasts.
Editar un cartafol, ligazón web ou directorio web
Seleccione
Opcións
>
Editar
.
Enviar un cartafol de directorio
1 Desprácese ata un directorio da lista.
2 Seleccione
Opcións
>
Enviar
.
3 Seleccione o método de envío.
Importar un ficheiro OPML no seu dispositivo
1 Seleccione
Opcións
>
Importar ficheiro OPML
.
2 Seleccione a localización do ficheiro e impórteo.
Engadir un novo directorio web ou cartafol
1 Na vista de Directorios, seleccione
Opcións
>
Novo
>
Directorio web
ou
Cartafol
.
2 Insira o título e o enderezo web do ficheiro OMPL (outline
processor markup language).