
Ver letras mentres se escoita unha canción
Para ver as letras de cancións mentres se reproducen, copie
os ficheiros que conteñen as letras na mesma carpeta onde
se atopan os ficheiros de música. O nome dos ficheiros de
letras deben coincidir co nome dos ficheiros de música
correspondentes.
O reprodutor de música admite os formatos LRC básico e
mellorado, e tamén as letras que están incrustadas nunha
canción usando o formato de metadatos ID3v2.
Utilice unicamente letras que se obtiveran legalmente.