Acerca dos métodos de posicionamento
Mapas amosa a súa localización no mapa mediante o sistema
de posicionamento baseado en GPS, A-GPS, WLAN ou ID de
cela.
O GPS (Sistema de Posicionamento Global) é un sistema de
navegación baseado en satélite empregado para calcular a
súa posición. O GPS asistido (A-GPS) é un servizo de rede que
lle envía os datos do GPS, mellorando a velocidade e precisión
do posicionamento.
O posicionamento mediante rede de área local sen fíos
(WLAN) mellora a precisión do posicionamento cando os
sinais de GPS non se atopan dispoñibles, especialmente
cando se atopa en lugares interiores ou entre edificios altos.
Mediante o posicionamento baseado en ID de cela, a posición
determínase mediante a antena de telecomunicacións á que
se atopa conectado o seu dispositivo móbil nestes intres.
En función do método de posicionamento dispoñible, é
posible que a precisión do posicionamento varíe entre uns
metros e varios quilómetros.
Cando utilice Mapas por primeira vez, solicitaráselle que
defina o punto de acceso á Internet que desexa usar para
descargar a información do mapa, que empregue A-GPS ou
que se conecte a unha rede WLAN.
O sistema de posicionamento global (GPS) está operado polo
goberno dos Estados Unidos, que é o único responsable da
precisión e mantemento do sistema. A precisión dos datos de
localización pode verse afectada polos axustes nos satélites
GPS efectuados polo goberno dos Estados Unidos e está
suxeita a modificacións procedentes da política de GPS civil
do Ministerio de defensa dos Estados Unidos e do Plan de
radionavegación federal (Federal Radionavigation Plan). A
precisión tamén pode verse afectada pola xeometría de baixo
nivel do satélite. A dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS
poden verse afectadas pola súa localización, os edificios e os
obstáculos naturais ademais de polas condicións
meteorolóxicas. É posible que os sinais GPS non estean
dispoñibles no interior dos edificios ou en pasos
subterráneos e que a súa transmisión non sexa posible a
través de materiais como formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha
localización precisa e vostede non debe depender só dos
datos de localización procedentes do receptor GPS nin das
redes de radio móbil para determinar posicións nin para a
navegación.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
72
A precisión do hodómetro é limitada, polo que é posible que
se produzan erros de redondeo. A precisión tamén se pode
ver afectada pola dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS.
Nota: É posible que a utilización de redes WLAN estea
restrinxida nalgúns países. Por exemplo, en Francia só está
permitido utilizar redes WLAN en lugares interiores. Para
obter máis información, contacte coas súas autoridades
locais.