Cambiar o aspecto do mapa
Vexa o mapa en modos diferentes, para identificar con
facilidade onde se atopa.
Seleccione
Menú
>
Mapas
e
Miña posic.
.
Seleccione e entre as seguintes:
Vista de mapa — Na vista de mapa estándar, detalles como
nomes de localizacións ou números de autovías, son doados
de ler.
Vista de satélite — Para obter unha vista detallada, utilice
imaxes de satélite.
Vista de terreo — Permite ver nunha ollada o tipo de terreo,
por exemplo, cando está a viaxar nunha zona sen estradas.
Vista 3D — Para obter unha vista máis realista, cambie a
perspectiva do mapa.
Marcadores — Permite amosar edificios e puntos atractivos
destacados no mapa.
Modo noct. — Permite atenuar as cores do mapa. Cando
viaxa pola noite, o mapa é máis sinxelo de ler neste modo.