Ver a súa localización e o mapa
Vexa a súa localización actual no mapa e explore mapas de
diferentes cidades e países.
Seleccione
Menú
>
Mapas
e
Miña posic.
.
marca a súa situación actual, se está dispoñible. Cando o
seu dispositivo está a procurar a súa posición, pestanexa.
Se a súa posición non está dispoñible, indica a súa última
posición coñecida.
Se soamente se atopa dispoñible o posicionamento baseado
na ID de cela, un halo vermello arredor da icona de
posicionamento indica a zona xeral na que debería estar. En
zonas densamente poboadas, aumenta a precisión da
estimación e o halo vermello é máis pequeno que nas zonas
pouco poboadas.
Moverse polo mapa
Arrastre o mapa co seu dedo. O mapa está orientado cara ao
norte por defecto.
Ver a súa localización actual ou a última coñecida
Seleccione .
Ampliar ou reducir unha imaxe
Seleccione + ou -.
Se se despraza ata unha zona non cuberta polos mapas que
se atopan gardados no seu dispositivo e dispón dunha
conexión de datos activa, descargaranse automaticamente
mapas novos.
A cobertura dos mapas varía segundo o país e a rexión.