Escribir e enviar mensaxes
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
A mensaxería é un servizo de rede.
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa
que é posible que conteñan software nocivo ou daniño para
o dispositivo ou o ordenador.
Para poder crear unha mensaxe multimedia, cómpre definir
os axustes de conexión correctos.
É posible que a rede sen fíos limite o tamaño das mensaxes
MMS. Se a imaxe inserida excede este límite, o dispositivo
pode reducila para que se poida enviar por MMS.
Só os dispositivos que dispoñen de funcións compatibles
poden recibir e visualizar mensaxes multimedia. É posible
que a aparencia das mensaxes varíe en función do dispositivo
de recepción.
Enviar unha mensaxe de texto ou multimedia
Seleccione
Nova mensaxe
.
Enviar unha mensaxe de son
Seleccione
Opcións
>
Crear mensaxe
e a opción
correspondente.
Seleccionar destinatarios ou grupos da lista de contactos
Na barra de ferramentas, seleccione .
Inserir o número manualmente
Puntee o campo Para.
Inserir o asunto da mensaxe multimedia
Insira o asunto no campo Asunto. Se o campo Asunto non está
visible, seleccione
Opcións
>
Campos de enderezo
para
cambiar os campos que están visibles.
Escribir a mensaxe
Puntee o campo da mensaxe.
Engadir un obxecto a unha mensaxe
Seleccione e o tipo de contido correspondente.
É posible que o tipo de mensaxe cambie a mensaxe
multimedia en función do contido inserido.
Enviar a mensaxe
Seleccione
ou prema a tecla de chamada.
O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude
superior ao límite para as mensaxes simples. As mensaxes
que superan ese límite envíanse coma dúas ou máis
mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha tarifa
correspondente ao número de mensaxes enviadas. Os
caracteres con acentos e outros signos de puntuación, ou
algúns idiomas ocupan máis espazo e limitan o número de
caracteres que é posible enviar nunha mensaxe.