
Vista principal da mensaxería
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
A mensaxería é un servizo de rede.
Crear unha mensaxe nova
Seleccione
Nova mensaxe
.
Consello: Para evitar ter que volver escribir as mensaxes que
envía con frecuencia, utilice as mensaxes que se atopan
gardadas no cartafol Modelos en As miñas carpetas. Tamén é
posible crear e gardar os seus propios modelos.
A mensaxería contén os seguintes cartafoles:
Caixa de entrada — Contén as mensaxes recibidas,
excepto as mensaxes de correo electrónico e de emisión de
cela.
As miñas carp. — Permiten organizar as súas mensaxes
en cartafoles.
Borrador — Contén borradores que non foron enviados.
Enviados — Contén as últimas mensaxes enviadas, sen
incluír as mensaxes enviadas mediante a conectividade
Bluetooth. É posible definir o número de mensaxes que se
poden gardar neste cartafol.
Caixa de saída — As mensaxes que están agardando a
ser enviadas almacénanse temporalmente no cartafol Caixa
de saída, por exemplo, cando o seu dispositivo se atopa fóra
da zona de cobertura de rede.
Informes entreg. — Solicite á rede que lle envíe un
informe de entrega das mensaxes de texto e multimedia
enviadas (servizo de rede).
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
46