Consellos para crear unha conexión GPS
Comprobar o estado do sinal de satélite
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Situación
e
Datos GPS
>
Opcións
>
Estado do satélite
.
Se o dispositivo atopou satélites, amosarase unha barra por
cada satélite na vista de información dos satélites. Canto máis
longa sexa a barra, maior intensidade terá o sinal do satélite.
Unha vez que o seu dispositivo recibiu suficientes datos do
sinal do satélite para calcular a súa localización, a cor da barra
cambiará.
Primeiro, o dispositivo debe recibir sinais de catro satélites
como mínimo para poder calcular as coordenadas da súa
posición. Despois do cálculo inicial pode que sexa posible
seguir calculando as coordenadas da súa posición con tres
satélites. Non obstante, a precisión adoita mellorar cando se
atopan máis satélites.
Se non se atopa ningún sinal de satélite, o problema pode
radicar nun dos puntos seguintes:
•
Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao exterior para
recibir un mellor sinal.
•
Se se atopa ao aire libre, desprácese ata un espazo máis
aberto.
•
Se as condicións meteorolóxicas son malas, a forza do
sinal pode verse afectada.
•
Algúns vehículos posúen cristais tinxidos (atérmicos) que
poden bloquear os sinais dos satélites.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
68
•
Asegúrese de non cubrir a antena coa man.
O establecemento dunha conexión GPS pode tardar dende un
par de segundos ata algúns minutos. O establecemento
dunha conexión GPS nun vehículo pode tardar máis tempo.
O receptor de GPS aliméntase da batería do dispositivo. Se
usa o GPS, é posible que a batería se esgote con máis rapidez.