Verbo de GPS asistido (A-GPS)
O seu dispositivo admite A-GPS (servizo de rede). Cando active
A-GPS, o seu dispositivo recibirá información de satélites útil
dende un servidor de datos de asistencia a través dunha rede
móbil. Coa axuda dos datos asistidos, o seu dispositivo
poderá obter a posición do GPS máis rápido.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
67
A-GPS (o GPS asistido) utilízase para obter datos de asistencia
técnica mediante unha conexión de paquetes de datos, que
axuda a calcular as coordenadas da súa localización actual
cando o dispositivo recibe sinais dos satélites.
O dispositivo está configurado previamente para utilizar o
servizo A-GPS de Nokia, se non se atopan dispoñibles ningúns
axustes A-GPS dun fornecedor de servizos específico. Os datos
de asistencia recupéranse dende o servidor do servizo A-GPS
de Nokia só cando é necesario.
Cómpre dispoñer dun punto de acceso á Internet definido no
dispositivo para recuperar datos de asistencia do servizo A-
GPS de Nokia a través dunha conexión de paquetes de datos.
Definición dun punto de acceso para A-GPS
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Situación
e
Posicionamento
>
Servidor posicionamento
>
Punto de
acceso
. Soamente se pode utilizar un punto de acceso á
Internet de paquete de datos para este servizo. O seu
dispositivo solicitaralle o punto de acceso á Internet cando
se utilice o GPS por primeira vez.