Accións da pantalla táctil
Utilice a pantalla táctil cos dedos ou cun estilete (se se atopa
dispoñible).
Importante: Utilice unicamente o estilete autorizado por
Nokia co dispositivo. O uso doutros estiletes pode invalidar a
garantía do dispositivo e danar a pantalla táctil. Evite raiar a
pantalla táctil. Nunca utilice bolígrafos, lapis nin demais
obxectos afiados para escribir na pantalla táctil.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
15
Punteo e punteo dobre
Para abrir unha aplicación ou outro elemento na pantalla
táctil, normalmente puntea co dedo. Non obstante, para abrir
os seguintes elementos, ten que puntealos dúas veces.
•
Elementos de listas dunha aplicación, como o cartafol
Borradores da aplicación Mensaxería.
•
Ficheiros nunha lista de ficheiros, por exemplo, unha
imaxe do cartafol Capturas da aplicación Fotos.
Consello: Ao abrir unha vista de lista, xa estará resaltado
o primeiro elemento. Para abrir un elemento resaltado,
puntéeo unha vez.
Se puntea un ficheiro ou un elemento parecido unha vez,
non se abre, resáltase. Para ver as opcións dispoñibles
para o elemento, seleccione
Opcións
ou, se está
dispoñible, seleccione unha icona dunha barra de
ferramentas.
Seleccionar
Nesta documentación de usuario, para referirse a abrir
aplicacións ou elementos punteándoos unha ou dúas veces,
utilízase o termo "seleccionar".
Exemplo: Para seleccionar
Opcións
>
Axuda
, puntee
Opcións
, e a continuación, puntee
Axuda
.
Arrastrar
Para arrastrar coloque o dedo na pantalla e escorrégueo pola
mesma.
Exemplo: Para desprazarse arriba ou abaixo nunha páxina
web, arrastre a páxina co dedo.
Desprazarse
Para desprazarse, escorregue o dedo rapidamente á
esquerda ou á dereita na pantalla.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
16
Exemplo: Ao ver unha imaxe, para ver a imaxe anterior ou a
seguinte, diríxase á esquerda ou á dereita respectivamente.
Pasar elementos
Para pasar elementos, coloque o dedo na pantalla, deslíceo
rapidamente pola mesma e, a continuación, levante
rapidamente o dedo. O contido da pantalla continuará
desprazándose coa velocidade e dirección aplicadas no
momento de soltar o dedo. Para seleccionar un elemento
dunha lista de desprazamento e para deter o movemento,
puntee o elemento. No dispositivo, a función de pasar
elementos atópase dispoñible no reprodutor de música.
Desprazar
Para desprazarse cara arriba ou abaixo polas listas que
dispoñan dunha barra de desprazamento, arrastre o control
deslizante da barra de desprazamento.
Nalgunhas vistas de listas, pode colocar o dedo nun elemento
da lista e arrastralo arriba ou abaixo.
Exemplo: Para desprazarse polos contactos, coloque o dedo
nun contacto e arrastre arriba ou abaixo.
Consello: Para ver unha descrición curta dunha icona,
coloque o dedo na icona. As descricións non están dispoñibles
para todas as iconas.
Luz de fondo da pantalla táctil
A luz de fondo da pantalla táctil apágase despois dun período
de inactividade.
Para acender a luz de fondo da pantalla, desbloquee a
pantalla e o teclado, se é necesario, e prema a tecla do menú.