Bloqueo das teclas e da pantalla táctil
Se o dispositivo ou o teclado se atopan bloqueados, será
posible efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo.
Para bloquear ou desbloquear a pantalla táctil e as teclas,
escorregue o interruptor de bloqueo situado no lateral do
dispositivo.
Cando se bloquea a pantalla táctil e as teclas, a pantalla táctil
apágase e as teclas están inactivas.
Cando sube a pantalla táctil, o teclado desbloquéase.
É posible que a pantalla e as teclas se bloqueen
automaticamente unha vez transcorrido un período de
inactividade.
Para modificar os axustes do bloqueo automático da pantalla
e das teclas, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Xestión teléfono
>
Bloq. tec. auto.
.