Transferir contido
É posible utilizar a aplicación Cambio para copiar contido
como números de teléfono, enderezos, elementos da axenda
e imaxes do seu dispositivo Nokia anterior ao novo.
O tipo de contido que se pode transferir depende do modelo
do dispositivo dende o que desexe transferir contido. Se ese
dispositivo admite a sincronización, tamén será posible
sincronizar datos entre os dispositivos. O dispositivo
notifícalle se o outro dispositivo non é compatible.
Se o outro dispositivo non se pode acender sen unha tarxeta
SIM, pode inserir a súa tarxeta SIM nel. Se se acende o
dispositivo sen unha tarxeta SIM, o perfil Desconectado
actívase automaticamente e pódese realizar a transferencia.
Transferencia de contido por primeira vez
1 Para recuperar datos dende o outro dispositivo por
primeira vez, no seu dispositivo, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Transfer. datos
>
Cambio
de datos
.
2 Seleccione o tipo de conexión que desexa utilizar para
transferir os datos. Ámbolos dous dispositivos deben
admitir o tipo de conexión seleccionado.
3 Se selecciona a conectividade Bluetooth como tipo de
conexión, conecte os dous dispositivos. Para facer que o
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
21
teléfono busque dispositivos con conectividade
Bluetooth, seleccione
Continuar
. Seleccione o
dispositivo dende o que desexa transferir contido. O
teléfono solicitaralle que insira un código no teléfono.
Insira un código (entre 1 e 16 díxitos) e seleccione
Aceptar
. Insira o mesmo código no outro dispositivo e
seleccione
Aceptar
. Os dispositivos están agora
vinculados.
É posible que algúns dispositivos de Nokia anteriores non
inclúan aínda a aplicación Cambio. Neste caso, a
aplicación Cambio enviarase ao outro dispositivo en
forma de mensaxe. Para instalar a aplicación Cambio no
outro dispositivo, abra a mensaxe e siga as instrucións
da pantalla.
4 No teléfono, seleccione o contido que desexe transferir
desde o outro dispositivo.
Unha vez iniciada a transferencia, pode cancelala e
continuar máis tarde.
O contido transfírese da memoria do outro dispositivo á
situación correspondente no seu dispositivo. O tempo da
transferencia depende da cantidade de datos que se teñan
que transferir.