Cargar a batería
A batería fornécese parcialmente cargada de fábrica, pero é
posible que teña que recargala para poder acender o seu
dispositivo por primeira vez. Se o dispositivo indica un nivel
de carga baixo, faga o seguinte:
1 Conecte o cargador a unha toma da parede.
2 Conecte o cargador ao dispositivo. A luz do indicador de
carga situado a carón do conectador micro-USB ilumínase
durante a carga da batería.
3 Cando o dispositivo indica que a batería está
completamente cargada, desconecte primeiro o
cargador do dispositivo e logo da toma de parede.
Non é necesario cargar a batería durante un período de
tempo determinado e é posible utilizar o dispositivo cando
está cargando. Se a batería está completamente descargada,
é posible que teña que esperar varios minutos para poder
efectuar chamadas e para poder visualizar o indicador de
carga na pantalla.
Consello: Desconecte o cargador da toma da parede cando
non se estea a utilizar. Un cargador conectado a unha toma
de parede consome enerxía aínda que non estea conectado
ao dispositivo.
Carga por USB
É posible utilizar a carga por USB cando non estea dispoñible
unha toma da parede. Coa carga por USB, tamén é posible
transferir datos mentres carga o dispositivo.
1 Conecte un aparello USB ao seu dispositivo mediante un
cable USB compatible.
A eficacia da carga por USB varía considerablemente.
Nalgúns casos pode tardar moito tempo en comezar a
carga e en empezar a funcionar o dispositivo.
2 Se o dispositivo está acendido, pode seleccionar unha das
opcións do modo USB na pantalla do dispositivo.
Durante o funcionamento continuado como unha chamada
de vídeo activa e conexión de datos de alta velocidade, é
posible que o dispositivo aumente de temperatura. Na
maioría de casos, trátase de algo normal. Se sospeita que o
dispositivo non funciona correctamente, envíeo ó centro de
servizo técnico autorizado máis próximo.