Teclado
O dispositivo ten un teclado completo. Para abrir o teclado,
suba a pantalla táctil. En todas as aplicacións, a pantalla xira
automaticamente de vertical a horizontal cando abre o
teclado.
1 Tecla símbolos. Para inserir caracteres especiais que
non se amosan no teclado, prema a tecla de símbolos
unha vez e seleccione o carácter desexado na táboa.
2 Tecla función. Para inserir os caracteres especiais
impresos na parte superior das teclas, prema a tecla de
función e prema a tecla alfabética correspondente, ou
manteña premida só a tecla alfabética. Para introducir
varios caracteres especiais seguidos, prema rapidamente
a tecla de funcións dúas veces e, a continuación, prema
as teclas alfabéticas desexadas. Para volver ao modo
normal, prema a tecla de funcións unha vez.
3 Tecla maiúsculas. Para cambiar entre os modos de
maiúsculas e minúsculas, prema a tecla de maiúsculas
dúas veces. Para introducir unha soa letra maiúscula no
modo de minúsculas, ou unha soa letra minúscula no
modo de maiúsculas, prema a tecla de maiúsculas unha
vez e, a continuación, a tecla alfabética desexada.
4 Tecla espazo
5 Teclas de frecha. Para desprazarse cara arriba, abaixo,
á esquerda ou á dereita, empregue as teclas de frecha.
6 Tecla Intro
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
18
7 Tecla retroceso. Para borrar un carácter, prema a tecla
retroceso. Para borrar varios caracteres, manteña
premida a tecla retroceso.
Inserción de letras non amosadas no teclado
É posible inserir variacións de letras, por exemplo, letras con
acentos. Para inserir a letra "á", manteña premida a tecla de
símbolos e prema de xeito simultáneo a tecla "A" varias veces
ata que se amose o carácter desexado. A orde e
dispoñibilidade das letras depende do idioma de escritura
seleccionado.