![background image](https://i.helpdoc.net/Nokia N97 mini/gl/Nokia N97 mini_gl019.png)
Escritura manual
Os métodos de introdución e os idiomas admitidos polo
recoñecemento de escritura varían segundo a rexión e poden
non estar dispoñibles en todos os idiomas.
Para activar o modo de escritura manual, seleccione
>
Escritura manual
.
Escriba os caracteres lexibles e en posición vertical na zona
de entrada de texto e deixe un espazo entre cada carácter.
Para ensinar ao seu dispositivo o seu estilo de escritura
manual, seleccione >
Práctica escrit. manual
. Esta
opción non está dispoñible en todos os idiomas.
Para introducir letras e números (modo predeterminado),
escriba as palabras como o faría normalmente. Para
seleccionar o modo numérico, seleccione . Para introducir
caracteres non latinos, seleccione a icona correspondente se
está dispoñible.
Para introducir caracteres especiais, escríbaos como faría
normalmente, ou seleccione e o carácter desexado.
Para eliminar caracteres ou facer retroceder o cursor,
desprácese cara atrás (consulte a Figura 1).
Para inserir un espazo, desprácese cara adiante (consulte a
Figura 2).