Inserción da tarxeta SIM e a batería
Importante: Non empregue unha tarxeta SIM mini-UICC,
tamén coñecida como tarxeta micro-SIM, unha tarxeta micro-
SIM cun adaptador ou unha tarxeta SIM que dispoña dun
interruptor mini-UICC (consulte a ilustración) neste
dispositivo. Unha tarxeta micro-SIM é máis pequena que a
tarxeta SIM estándar. Este dispositivo non admite o uso de
tarxetas micro-SIM e o uso de tarxetas SIM incompatibles
pode danar a tarxeta ou o dispositivo e pode corromper os
datos almacenados na tarxeta.
Siga as instrucións atentamente para evitar danar a tapa
posterior.
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e desconecte
o cargador antes de extraer a batería.
1 Retire a tapa posterior levantándoa polo extremo inferior
do teléfono.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
10
2 Se a batería está inserida, levántea para retirala.
3 Tire do soporte da tarxeta SIM e insíraa. Asegúrese de que
a zona de contacto da tarxeta está orientada cara a
abaixo e de que a esquina biselada da tarxeta está
orientada cara á esquina biselada do soporte. Coloque de
novo o soporte da tarxeta SIM.
4 Aliñe os contactos da batería cos conectadores
correspondentes do compartimento da batería e insíraa.
5 Para volver colocar a tapa posterior, dirixa os pasadores
superiores cara a cadansúas fendas e prema ata que a
tapa encaixe no seu lugar.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
11