![background image](https://i.helpdoc.net/Nokia N97 mini/gl/Nokia N97 mini_gl131.png)
Reciclado
Cando o dispositivo alcance o final da súa vida útil, poderán
reciclarse todos os materiais como outros materiais e
enerxía. Para garantir a correcta eliminación e reutilización,
Nokia coopera cos seus asociados mediante un programa
denominado We:recycle.Para obter información sobre como
reciclar os seus produtos Nokia antigos e sobre onde atopar
puntos de reciclaxe, visite a páxina www.nokia.com/
werecycle, ou se utiliza un dispositivo móbil, nokia.mobi/
werecycle ou chame ao centro de atención ao cliente de
Nokia.
Para reciclar os paquetes e guías de usuario, siga o
procedemento habitual na súa zona.
O símbolo do contedor con rodas riscado cun "x" no produto,
na batería, nas instrucións ou na embalaxe lémbralle que
todos os produtos eléctricos e electrónicos, as baterías e os
acumuladores se deben refugar por separado ao final da súa
vida útil. Este requisito aplícase na Unión Europea. Non se
desfaga deste produto do mesmo xeito que dos residuos
domésticos normais. Para obter máis información acerca dos
atributos medio ambientais do seu dispositivo, consulte a
páxina www.nokia.com/ecodeclaration.