Realización de chamadas de voz
1 Na pantalla de inicio, seleccione para abrir o marcador
e insira o número de teléfono, incluíndo o prefixo. Para
eliminar un número, seleccione C.
Para facer chamadas internacionais, seleccione * dúas
veces para obter o carácter + (que substitúe ao código de
acceso internacional) e insira o prefixo de país, o prefixo
da zona (omita o cero inicial se fose necesario) e o
número de teléfono.
2 Para realizar a chamada, prema a tecla Chamar.
3 Para finalizar a chamada (ou para cancelar o intento de
chamada), prema a tecla Fin.
Se preme a tecla Fin, sempre se finalizará a chamada,
mesmo se outra aplicación se atopa activa.
Chamar un contacto
1 Seleccione
Menú
>
Axenda
.
2 Desprácese ata o nome desexado. Ou introduza as
primeiras letras ou caracteres do nome no campo de
busca e desprácese ata o nome.
3 Para chamar ao contacto, prema a tecla Chamar. Se
gardou varios números para un contacto, seleccione o
número desexado da lista e prema a tecla Chamar.
Finalización dunha chamada
Prema a tecla Fin.