Supervisión de todos os eventos de comunicación
No rexistro xeral, pode ver información verbo de eventos de
comunicación, como chamadas de voz, mensaxes de texto ou
conexións de datos e LAN sen fíos (WLAN) rexistrados polo
dispositivo.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Rexistro
.
Apertura do rexistro xeral
Apertura da ficha do rexistro xeral
Os eventos secundarios, como unha mensaxe de texto
enviada en varios fragmentos e as conexións de paquetes de
datos, rexístranse como un evento de comunicación. As
conexións coa caixa de correo, co centro de mensaxes
multimedia ou con páxinas web amósanse como conexións
de paquetes de datos.
Visualización dos detalles das conexións de paquetes de
datos
Diríxase a un evento de conexión de paquetes de datos
entrante ou saínte indicado mediante
GPRS
e seleccione
Opcións
>
Ver
.
Copia dun número de teléfono dende o rexistro
Seleccione
Opcións
>
Utilizar número
>
Copiar
. Pode, por
exemplo, pegar o número de teléfono nunha mensaxe de
texto.
Filtrado do rexistro
Seleccione
Opcións
>
Filtrar
e un filtro.
Definición da duración do rexistro
Seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Duración do rexistro
. Se
selecciona
Ningún rexistro
, eliminaranse
permanentemente todos os contidos do rexistro, o rexistro
de últimas chamadas e os informes de entrega de
mensaxería.