Solución de problemas
Para ver preguntas frecuentes sobre o seu dispositivo, visite
a páxina web www.nokia.com/support.
P: ¿Cal é o meu contrasinal para os códigos de bloqueo,
PIN ou PUK?
R: O código de bloqueo predeterminado é 12345. Se esquece
o código, póñase en contacto co provedor do teléfono. Se
esquece un código PIN ou PUK ou se non recibiu dito código,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de rede.
Se desexa obter máis información sobre os contrasinais,
póñase en contacto co fornecedor do seu punto de acceso,
por exemplo, un fornecedor de servizos da Internet comercial
(ISP) ou un fornecedor de servizos de rede.
P: ¿Como pecho unha aplicación que non está a
responder?
R: Seleccione
Opcións
>
Amosar aplics. abertas
e
desprácese á aplicación coa tecla Menú. Manteña premida a
tecla Menú para abrir a aplicación e seleccione
Opcións
>
Saír
.
P: ¿Por que as imaxes semellan borrosas?
R: Asegúrese de que as ventás de protección do obxectivo da
cámara estean limpas.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
123
P: ¿Por que cada vez que acendo o dispositivo aparecen
puntos descoloridos, brillantes ou que non aparecen na
pantalla?
R: Esta é unha característica propia deste tipo de pantalla. É
posible que algunhas pantallas conteñan píxeles ou puntos
que permanecen activados ou desactivados. Isto é normal,
non se trata dun fallo.
P: ¿Por que o meu dispositivo Nokia non pode establecer
unha conexión GPS?
R: O establecemento dunha conexión GPS pode tardar desde
un par de segundos ata algúns minutos. O establecemento
dunha conexión GPS nun vehículo pode tardar máis tempo.
Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao exterior para
recibir un sinal mellor. Se se atopa ao aire libre, desprácese
ata un espazo máis aberto. Asegúrese de que a súa man non
tapa a antena GPS do dispositivo. Se as condicións climáticas
non son boas, a intensidade do sinal pódese ver afectada.
Algúns vehículos posúen cristais tinxidos (atérmicos) que
poden bloquear os sinais dos satélites.
P: ¿Por que non podo atopar o dispositivo do meu amigo
mentres utilizo a conectividade Bluetooth?
R: Comprobe que ámbolos dous dispositivos son compatibles,
teñen activada a conectividade Bluetooth e non están en
modo oculto. Comprobe tamén que a distancia entre os dous
dispositivos non supera os 10 metros (33 polgadas) e que non
hai paredes nin demais obstáculos entre os dispositivos.
P: ¿Por que non podo finalizar unha conexión Bluetooth?
R: Se se conecta outro dispositivo ao teléfono, pode pechar a
conexión desde o outro dispositivo ou desactivando a
conectividade Bluetooth no teléfono. Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Bluetooth
>
Bluetooth
>
Desactivado
.
P: ¿Por que non podo ver un punto de acceso LAN (WLAN)
sen fíos aínda que sei que me atopo dentro do seu
alcance?
R: É posible que o punto de acceso WLAN utilice un
identificador de serie do servizo oculto (SSID). Só pode
acceder ás redes que utilizan un SSID oculto se coñece o SSID
correcto e creou un punto de acceso á Internet WLAN para a
rede do teléfono Nokia.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
124
P: ¿Como desactivo a LAN (WLAN) sen fíos no meu
dispositivo Nokia?
R: A WLAN do seu dispositivo Nokia desactívase cando non
está conectado ou non está a intentar conectarse a outro
punto de acceso ou non está a escanear redes dispoñibles.
Para reducir máis o consumo de batería, pode especificar que
o teléfono Nokia non busque ou busque con menos
frecuencia redes dispoñibles en segundo plano. A WLAN
desactívase entre as buscas en segundo plano.
Para cambiar os axustes das buscas en segundo plano, leve a
cabo o seguinte:
1 Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
WLAN
.
2 Para aumentar o intervalo de tempo das buscas en
segundo plano, axuste o tempo en Buscar redes. Para
deter as buscas en segundo plano, seleccione
Amosar
dispoñib. WLAN
>
Nunca
.
3 Para gardar os cambios, seleccione
Atrás
.
Se
Amosar dispoñib. WLAN
está axustado en
Nunca
, a
icona de dispoñibilidade de WLAN non se amosará na
pantalla de inicio. Non obstante, aínda pode buscar
manualmente todas as redes WLAN dispoñibles e
conectarse a redes WLAN como de costume.
P: ¿Que fago se a memoria está chea?
R: Elimine elementos da memoria. Se se amosa
Non hai
memoria abondo para efectuar a operación. Borre datos.
ou
Memoria baixa. Borre algúns datos da memoria do
teléfono.
cando está a eliminar varios elementos ao mesmo
tempo, elimine os elementos un a un, comezando polos máis
pequenos.
P: ¿Por que non podo seleccionar un contacto para a
miña mensaxe?
R: A tarxeta de contacto non ten un número de teléfono, un
enderezo ou un enderezo de correo electrónico. Seleccione
Menú
>
Axenda
e o contacto axeitado, e edite a tarxeta de
contacto.
P: ¿Como podo finalizar a conexión de datos cando o
dispositivo inicia unha conexión de datos
repetidamente?
R: É posible que o dispositivo estea a intentar recuperar unha
mensaxe multimedia do centro de mensaxes multimedia.
Para que dispositivo non realice unha conexión de datos,
seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Axustes
>
Mensaxe multimedia
>
Recuperación multimedia
.
Seleccione
Manual
para que o centro de mensaxes
multimedia garde as mensaxes para recuperalas máis tarde,
ou
Desactivado
para ignorar todas as mensaxes multimedia
entrantes. Se selecciona
Manual
, recibirá unha notificación
cando teña unha mensaxe nova no centro de mensaxes
multimedia. Se selecciona
Desactivado
, o dispositivo non
realizará ningunha conexión de rede relacionada coa
mensaxería multimedia.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
125
Para axustar o dispositivo para que utilice unha conexión de
paquetes de datos só se inicia unha aplicación ou acción que
a necesita, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Axustes admin.
>
Paquetes datos
>
Conexión paquetes
datos
>
Se cómpre
.
Se isto non soluciona o problema, desactive o dispositivo e
volva activalo.
P: ¿Podo utilizar o meu dispositivo Nokia como un
módem de fax cun ordenador compatible?
R: Non é posible utilizar o dispositivo como un módem de fax.
Non obstante, coa función de desvío de chamadas (servizo de
rede), pode desviar as chamadas de fax entrantes a un
número de fax.
P: ¿Como calibro a pantalla?
R: A pantalla vén calibrada de fábrica. No caso de que fose
necesario volver a calibrar a pantalla, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Entrada toque
>
Calibración
pantalla táctil
. Siga as instrucións.